Un novo proxecto cidadán.

Vivimos tempos decisivos. Tras a experiencia da pandemia, entre a dor e momentos de extraordinaria humanidade, démonos conta de que chegou o momento de cambiar cousas importantes das nosas vidas e as nosas sociedades. Cando parecía que empezabamos a ver a luz ao final do túnel atopámonos cunha guerra en Europa e as súas consecuencias económicas. Volveu a Europa unha inflación descoñecida nas últimas décadas e, mentres a incerteza crece, regresan tamén os discursos do odio e o medo ao diferente.
As nosas sociedades democráticas arrastran demasiadas feridas e os partidos políticos non parecen capaces de ofrecer solucións de fondo, nin sobre todo un horizonte de futuro. Pero a cidadanía que sabe que a política é a única ferramenta da xente común para transformar a realidade estanos esperando. Sumar quere ser unha ferramenta ao servizo do país e que ensanche a democracia.

Sumar é unha iniciativa para impulsar o proceso de escoita que levará a Yolanda Díaz a percorrer o conxunto do país. Trátase de escoitar, dialogar e construír xuntas un proxecto cidadán para a próxima década.
En definitiva, Sumar quere organizar a esperanza para que o novo país se abra paso. Podemos ser un país con traballo decente e maior igualdade, líder nunha transición ecolóxica xusta e vangarda feminista e do conxunto de dereitos e liberdades. Podemos ser un país do cal estar orgullosos. Súmate para facelo posible xuntas.